Detalles del libro
Xano está a piques de facer doce anos e sente que non encaixa en ningures. Que o seu reloxo interior xira en sentido oposto ao do resto da xente. Que non sabe como abrir a porta que conduce ao mundo dos adultos.A súa avoa Asteria deixoulle, antes de morrer, un misterioso agasallo de aniversario que o levará ata o centro mesmo da Vía Láctea. Alí descubrirá que posúe un don. Que ser diferente o converte, precisamente, nun Abreportas."Setestrelo" é un libro de transición entre o mundo irreverente da nenez e o territorio sufocado da adolescencia. Un libro sobre a procura da identidade e a dificultade que teñen os adultos para aceptar todo o que se afaste do normativo. Un libro para lembrar que, malia todo, sempre é posible escoller quen somos.
Leer más - Encuadernación Bolsillo
- Autor/es Esteban, Manuel
- ISBN13 9788411101509
- ISBN10 8411101509
- Páginas 264
- Año de Edición 2023
- Idioma Gallego
Reseñas y valoraciones
Setestrelo (Gallego)
- De
- Manuel Esteban
- |
- Edicións Xerais (2023)
- 9788411101509



