Detalles del libro
Querida morte rachada abriu en 1983 unha fenda luminosa na literatura turca. Con ela, Latife Tekin converteu o realismo máxico nunha lingua propia para narrar a ferida da emigración e a beleza teimuda da supervivencia. A familia Akta?, arrancada da súa aldea e empurrada aos arrabaldes de Estambul, avanza entre sombras e revelacións, mentres Dirmit ?a filla máis nova? transforma o mundo que a rodea nun tecido onde o real e o imposible se entrelazan sen costura.Nos seus ollos, a pobreza convértese en mito, a cidade en criatura viva, e a memoria rural en canto que resiste a desaparecer. Os contos de fadas, as cancións populares e o folclore anatolio non son só ecos do pasado: son a materia coa que Dirmit ergue un territorio íntimo, un refuxio onde a dor se volve símbolo e a esperanza, presaxio.Considerada unha das obras máis orixinais da narrativa turca contemporánea, Querida morte rachada é unha meditación sobre a identidade, a pertenza e a resistencia íntima fronte ás mudanzas dun tempo que devora o antigo. Unha novela que respira como un soño antigo dentro dun mundo moderno: intensa, máxica, inesquecíbel.
Leer más - Encuadernación Bolsillo
- ISBN13 9788484877691
- ISBN10 8484877698
- Páginas 246
- Fecha de publicación 20/05/2026
- Alto 210 mm
- Ancho 140 mm
- Peso 330 g
Reseñas y valoraciones
QUERIDA MORTE RACHADA
- De
- |
- LAIOVENTO (2026)
- 9788484877691



