Detalles del libro
Mariña esperta aos seus 17 anos nun hospital e non lembra nada do que pasou na tola festa do Samaín da noite anterior. A través das interesadas confesións dos amigos do instituto e dos familiares que a visitan, vai apañando os anacos do que aconteceu e da espiral autodestrutiva en que estivo inmersa nos últimos meses: un remuíño de desexos reprimidos, adiccións, descubertas sexuais, veladas ameazas, segredos inconfesables? e unha misteriosa caixa de zapatillas de ballet que forma parte da súa historia familiar.Mariña decatarase de que o sacrificio que por ela fixeron durante anos os seus seres máis queridos non merece esmorecer a causa do odio que se profesa a si mesma.Noela Rivas debuta nas nosas letras retratando con brío e fidelidade a mocidade galega actual sen ambaxes, tal e como son, pensan, desexan e actúan.
Leer más - Encuadernación Bolsillo
- Autor/es RIVAS CANTELAR, NOELA
- ISBN13 9788411760614
- ISBN10 8411760618
- Páginas 246
- Año de Edición 2023
Reseñas y valoraciones
PODER NON E QUERER
- De
- NOELA RIVAS CANTELAR
- |
- Editorial Galaxia, S.A. (2023)
- 9788411760614



