Detalles del libro
Este libro propón unha viaxe de coñecemento do Ribeiro a través da súa toponimia. Ademais, esta edición amplíase para abordar o estudo dos nomes das castes de uvas (treixadura, tarrantés, ...), unha rama da onomástica apenas explorada. Tamén para estudar as etimoloxías duns poucos nomes comúns característicos do Ribeiro (cavadura, moio, ...). Coa idea de que o Ribeiro, ademais de ser o nome dunha terra, é epónimo dun viño e dun xeito de ser que están no cerne da cultura, da historia e da tradición de Galicia. Pero, dentro dun contexto cultural no que só as utilidades prácticas, os beneficios materiais e a posta en valor de calquera ben patrimonial se consideran importantes, convén sinalar que este libro fuxe de todo iso. Non trata de venderlle nada ó lector, tan só de satisfacer o seu desexo de saber, a súa curiositas. Porque a verdadeira cultura, pensa o autor, segue residindo na cultura animi de Cicerón, é dicir, no cultivo do espírito.
Leer más - Encuadernación Bolsillo
- Autor/a Frutos Fernández González
- ISBN13 9788412683448
- ISBN10 8412683447
- Páginas 406
- Año de Edición 2023
- Fecha de publicación 01/01/2023
Reseñas y valoraciones
NOMES DO RIBEIRO
- De
- Frutos Fernández González
- 9788412683448



