Detalles del libro
" Lapis na noite " bebe no pozo da memoria de Galicia e Arxentina para percorrer épocas convulsas en que as ditaduras aniquilan as ilusións de liberdade, aquén e alén do océano. Achégase ás vivencias do exilio, revela as descubertas que supón o descoñecido e afonda no esgazamento interior que xera mergullarse nunha nova identidade. Ao tempo, focaliza a atención nas vidas e familias truncadas polo franquismo e, sobre todo, naquelas que protagonizou unha mocidade combativa e esperanzada que, por acreditar nun mundo mellor, caeu nas gadoupas da maquinaria represiva da ditadura cívico-militar arxentina (1976-1983). Porque a memoria do que os lapis escribiron nunha noite indigna segue viva e aínda nos ilumina, é este un libro que quere pasar a man por algunhas das cicatrices máis recentes dunha historia pola que circulan numerosos ríos subterráneos que, ao saíren á superficie, amosan un caudal conformado por pequenos e grandes exemplos de heroísmo, amor e resistencia.
Leer más - Encuadernación Bolsillo
- Autor/es Maria, Belén Nicolás Ramón,
- ISBN13 9788491213994
- ISBN10 8491213996
- Páginas 200
- Año de Edición 2018
- Idioma Gallego
Reseñas y valoraciones
Lapis na noite (Gallego)
- De
- Belén Nicolás Ramón, Maria
- |
- Edicións Xerais (2018)
- 9788491213994
- Saga Edición Literaria - Narrativa



