Detalles del libro
Un portaavións fabricado cunha aliaxe do metal fundido nas Torres Xemelgas, unha factoría de chalecos antibalas onde se dispara contra os traballadores para probas o xénero, un padriño da mafia afeccionado á música do Padriño de Coppola... Son algunhas das historias reais que nos contan estas páxinas de Miguel Anxo Murado, escritas en principio como columnas de prensa pero concibidas desde a perspectiva do escritor máis que do xornalista. O lector atopará aquí non tanto opinións como parábolas, paradoxos e reflexións sobre asuntos tales como a relación entre as epidemias e a solidariedade, os inconvenientes de abolición do Purgatorio ou o carácter máxico das mans dos políticos. Notas, en definitiva, arredor da actualidade e a vida que, como di o autor, "é como o emblema do teatro: unha máscara que ri e outra que chora".
Leer más - Encuadernación Bolsillo
- Autor/a Miguel Anxo Murado
- ISBN13 9788498655261
- ISBN10 8498655269
- Páginas 200
- Año de Edición 2016
- Fecha de publicación 15/02/2016
- Idioma Gallego
- Alto 210 mm
- Ancho 135 mm
Reseñas y valoraciones
Escrito en cafeterias (Gallego)
- De
- Miguel Anxo Murado
- |
- Editorial Galaxia, S.A. (2016)
- 9788498655261



