Detalles del libro
Dewey, autor dunha intensa obra filosófica, psicolóxica e pedagóxica, formulou a sús elaboración como teoría xeral da educación, unha teoría práctica que é fundamento da práctica educativa. Democracy and Education. An Introduction to the Philosophy of Education (1916), considerado o seu texto central, propón esta teoría xeral, enfrontando os problemas de fondo que, máis que as cuestións didácticas e de organización escolar, conducen a un horizonte social de democracia como forma de vida e ideal moral, na que as persoas son iguais e os ben da vida se comparten, o que implica, ao tempo, vivir a democracia nas institucións escolares, entendendo a escola democrática como escenario de aprendizaxe ética, ademais de espazo cualificado para o avance do ideal democrático do coñecemento. Fronte ao modelo escolar tradicional, Dewey, un dos máximos mentores da escola nova, propón a escola progresiva, un modelo que toma en consideración os impulsos, necesidades, interrogantes e intereses do alumnado, a interrelación do coñecemento escolar coa contorna, a unidade entre o saber e o facer, o papel guía e propositivo dos profesores, o protagonismo do alumnado que crece desde dentro de si mesmo, a potenciación da súa creatividade, da súa individualidade e da cooperación, e que promove programas escolares con capacidade de resposta ás súas necesidades. Democracia e educación amósase como entusiasta manifesto da new era na educación, de notable influencia no século XX e de gran vigor aínda cen anos despois.
Leer más - Encuadernación Tapa dura
- Autor/a John Dewey
- ISBN13 9788416533732
- ISBN10 8416533733
- Páginas 553
- Fecha de publicación 08/05/2026
- Idioma Gallego
- Alto 240 mm
- Ancho 170 mm
Reseñas y valoraciones
Democracia e educación (Gallego)
- De
- John Dewey
- 9788416533732



