Detalles del libro
Ademais dunha rúa do barcelonés barrio de Horta, Coímbra é un mosaico onde Xosé de Cea vai construíndo, tesela a tesela, a epopea da emigración galega en Cataluña vivida por un neno. Testemuña dun tempo de convulsos cambios sociais que se precipitan tras a fin da ditadura franquista, verá como á transición política se superpoñen outras que condicionarán a súa educación sentimental, e mesmo a de toda unha sociedade.De a cabalo da Bildungsroman e a novela autorreferencial, De Cea irá tirando da memoria, como fillo da diáspora xarnega, para tecer un relato de iniciación focalizado na desnortada travesía que vai da infancia á adolescencia. Pólvora, libros, desamor, pornografía, delincuencia... Os lectores e lectoras avanzarán a tropezos e puñadas co autor ata decatarse con el de que, ao final, aquela odisea migratoria que sacaría a millóns de homes e mulleres da fame e da miseria acabará deixando como herdanza o desarraigamento, o exilio e a condena.
Leer más - Encuadernación Bolsillo
- Autor/a Xosé De Cea
- ISBN13 9788411760300
- ISBN10 8411760308
- Páginas 182
- Año de Edición 2023
- Fecha de publicación 01/01/2023
- Peso 240 g
Reseñas y valoraciones
COIMBRA
- De
- Xosé De Cea
- |
- Editorial Galaxia, S.A. (2023)
- 9788411760300



