Detalles del libro
A comezos do século XIX, a vida transcorre lentamente na vila mariñeira da Guarda. Rosa, unha rapaza orfa e pobre, ve morrer a anciá señora á que coidaba e sente que todo o seu mundo se derruba. Un forasteiro, don Leandro, chega para facerse cargo da herdanza da muller e pouco a pouco aprenderá a valorar as bondades do lugar, das xentes e do tipo de vida que alí se lle ofrece, polo que decide quedar. Os traballos e os días, os amores e desamores, parecen dirixirse cara a un final feliz cando se produce a invasión francesa. O paso das tropas napoleónicas pola vila afectará as súas vidas para sempre. " Claro de lúa " é unha homenaxe ás grandes novelas decimonónicas. Escrita cunha boa dose de amor e humor, nela escóitanse ecos de Jane Austen, Charlotte Brönte e Leon Tolstoi entre outros, arroupados polo piano da famosa sonata de Beethoven.
Leer más - Encuadernación Bolsillo
- Autor/a Puri Ameixide
- ISBN13 9788491214038
- ISBN10 8491214038
- Páginas 472
- Año de Edición 2018
- Fecha de publicación 05/07/2018
- Idioma Gallego
- Colección Edición Literaria - Narrativa
- Alto 145 mm
- Ancho 220 mm
- Peso 700 g
Reseñas y valoraciones
Claro de lúa (Gallego)
- De
- Puri Ameixide
- |
- Edicións Xerais (2018)
- 9788491214038



