Detalles del libro
Premio Victoriano Taibo 2021Dúas mulleres, nai e filla. Un lugar: o xardín. Unha condición: o crecemento. Unha pexa: o vencello que é ligadura. A partir de situacións cotiás, cunha poética baseada na linguaxe coloquial e nos símbolos dos medios dixitais, na música e na evocación de imaxes, Arancha Nogueira fai presente a circunstancia principal da vida: o acceso á liberdade.O paralelismo entre a idea de natureza como xardín e a poesía como cultivo da linguaxe; a metáfora, aquí renovada, do abrollar como un rebentar emancipatorio, a arte como medio de liberación son algúns dos temas que outorgan a este poemario a levidade e a fondura dunha flor. No lugar había un ermo, Antese é un poemario sobre como cultivar un xardín.
Leer más - Encuadernación Bolsillo
- Autor/a ARANCHA NOGUEIRA
- ISBN13 9788491517870
- ISBN10 8491517871
- Páginas 220
- Año de Edición 2022
- Fecha de publicación 04/02/2022
- Idioma Gallego
- Alto 220 mm
- Ancho 123 mm
- Peso 140 g
Reseñas y valoraciones
Antese (Gallego)
- De
- ARANCHA NOGUEIRA
- |
- Editorial Galaxia, S.A. (2022)
- 9788491517870



