Book Details
Carmucha, unha moza de dazasete anos, non ten medo de nada nin se amedrenta ante ninguén. Despois de coñecer as inxustizas que se cometen na mina de volframio, as atrocidades do corrupto e desapiadado cabo Marelo, e sendo consciente da actitude submisa daquelas mulleres, decide mudar o rumbo da súa vida de señorita e poñerse ao servizo das persoas máis humildes. Félix, o fillo dos caseiros da súa familia, será dende entón o seu gardacostas, máis tamén o seu máis leal conselleiro, a súa sombraà Carmucha, esta afouta heroína, terá que enfrontarse a un inimigo infinitamente máis forte ca ela para acadar a súa independencia e liberarse da tutela paterna.A represión, a inxustiza e a violencia daquel tempo do volframio, no inicio dos anos corenta, entrelázanse nesta páxinas coa esperanza, o amor e a loita pola liberdade e a igualdade. Un western moderno, onde a pesar de que a súa loita é xusta, os heroes non son perfectos nin están exentos de culpa.
Read more - Binding Soft cover
- Author/s CARRE, HECTOR
- ISBN13 9788491211839
- ISBN10 8491211837
- Pages 288
- Published 2017
- Language Galician
Reviews and ratings
Febre (Galician)
- By
- HECTOR CARRE
- |
- Edicións Xerais (2017)
- 9788491211839



