Close Bookish App

Bookish AppRead more and better

Download
Excellent
★★★★★
Trustpilot Trustpilot
Ecos da batalla cotiá
Ecos da batalla cotiá

Book Details

Centos, por non dicir miles se se teñen en conta aqueles países onde houbo movemento surrealista, foron as declaracións colectivas do surrealismo.Declaracións sobre todos os aspectos da vida cotiá, da política á cultura, da moda aos costumes.Ao non ser o surrealismo un movemento literario de vangarda no sentido clásico do termo, a súa actividade, a través da súa vontade de ?transformar o mundo? (Marx) e de ?cambiar a vida? (Rimbaud), integra unha verdadeira dimensión política. Por iso, todas e cada unha das declaracións colectivas surrealistas, sobre literatura, sobre pintura, ou directamente política, contra o colonialismo, o fascismo, o stalinismo, a relixión ou a favor da obxección de conciencia, son declaracións directamente políticas.Centrándose unicamente no Grupo de París do movemento surrealista, e nos anos que van de 1924 a 1968, Ecos da batalla cotiá. Declaracións políticas surrealistas agrupa un total de trinta e cinco intervencións especificamente políticas do surrealismo, ao tempo que se contextualiza histórica e mesmo, ás veces, literariamente cada unha destas declaracións.O presente volume acaba sendo tanto unha historia das vicisitudes da política no interior do Grupo de París do movemento surrealista como unha historia política da revolución surrealista. Unha revolución poética, imaxinativa e efectiva que se enfronta á sociedade burguesa e capitalista e acaba enfrontándose á outra revolución, prosaica, curtamente política e, talvez, inencontrábel.
Read more

  • Binding Soft cover
  • Author/s González Gómez, Xoán Xesús
  • ISBN13 9788484870500
  • ISBN10 8484870502
  • Pages 268
  • Published 2004
  • Language Galician
Read more

Reviews and ratings

Be the first to rate it!

Have you read Ecos da batalla cotiá?

Ecos da batalla cotiá

Ecos da batalla cotiá (Galician)

21,85€ 23,00€ -5%
Shipping Free
Agotado temporalmente
21,85€ 23,00€ -5%
Shipping Free
Agotado temporalmente
  • Visa
  • Mastercard
  • Klarna
  • Bizum
  • American Express
  • Paypal
  • Google Pay
  • Apple Pay
Free returns Info
Thank you for shopping at real bookstores! Thank you for shopping at real bookstores!

Exclusive promotions, discounts, and news in our newsletter

Talk to your bookseller
Do you need help finding a book?
Do you want a personal recommendation?

Whatsapp