Close Bookish App

Bookish AppRead more and better

Download
Excellent
★★★★★
Trustpilot Trustpilot
A poutada do oso
A poutada do oso

Book Details

Enxergar é poñer todos os sentidos, mais os da intuición, sobre o que nos arrodea: a sensibilidade. Cómpre pois enxergar agora o que nestas liñas se nos conta sobre un anaco da vida de Iván Marrube: unha terra, un tempo e unha acción. Non podía ser doutro xeito, é esta unha homenaxe que Lois Diéguez, en plenitude, fai a súa nación, Galiza, á Terra de seu. Á Ribeira Sacra con capital en Monforte e a esa aldea a cabalo do Courel dos tesos cumes, Salcedo. Por aquí o Oso esperta polo Entroido e segue anunciando cada primavera. O paso pola Coruña, con outras incursións, incluso a Malí e á Tombuctú, capital da nación negada Tuareg, no corazón do Sahara. O tempo é o noso, entre un e outro Entroido. Na acción os personaxes, como enfermos, arrastran o debate entre o rural e o urbano, entre o imperio e a nación, entre o humanismo e a mercantilización. E os conseguintes efectos: as contradicións, a crise de identidade, a anomía.Gabancioso desvarío tras unha publicidade arrodeada de bixuterías, La Coruña es Cielo... Guión cinematográfico con luz, sombras, policromía, arrecendo a loureiro e tamén a gasóleo urbano, cunha inquietante música de fondo, quizais de chirimía, a cabalo da que cabalgamos sobre horizontes de montes e entre urbanizacións impersoais en que cada día se acenden, arden e apagan os sete pecados capitais. Sabor a filloa e a pizza... e detrás de nós, a gadoupa, a sorpresa ancestral da Poutada do Oso, o bater da identidade, construída por tradicións, pescudas, innovacións, por relacións cun mundo que tamén nos zuga, engole, uniformiza e escraviza.Lois Diéguez fende tópicos, abre novos vieiros na Galiza das encrucilladas.
Read more

  • Binding Soft cover
  • Author/s Diéguez Vázquez, Lois
  • ISBN13 9788484872047
  • ISBN10 8484872041
  • Pages 303
  • Published 2010
  • Language Galician
Read more

Reviews and ratings

Be the first to rate it!

Have you read A poutada do oso?

A poutada do oso

A poutada do oso (Galician)

10,92€ 11,50€ -5%
Agotado temporalmente
10,92€ 11,50€ -5%
Agotado temporalmente
  • Visa
  • Mastercard
  • Klarna
  • Bizum
  • American Express
  • Paypal
  • Google Pay
  • Apple Pay
Free returns Info
Thank you for shopping at real bookstores! Thank you for shopping at real bookstores!

More books by Lois Diéguez Vázquez

Exclusive promotions, discounts, and news in our newsletter

Talk to your bookseller
Do you need help finding a book?
Do you want a personal recommendation?

Whatsapp