Tambo é un proxecto multiformato que integra nunha soa obra aspectos musicais, audiovisuais, literarios e de expresión corporal. Naceu dunha actividade dinamizadora da biblioteca escolar do C.E.I.P. do Carballal de Marín na que o alumnado elaborou un relato que anos máis tarde propiciaría unha irmandade co C.E.I.P. A Pedra de Bueu. Presenta unha esencia claramente educativa. Todo o proxecto está tinguido de transversalidade tratando valores como a conservación do medio ambiente ou a discapacidade. Preparádevos para gozar con contos convertidos en canción, cancións mudadas a imaxes e imaxes transformadas en coreografías. Sen dúbida temos ante nós un libro disco para pequechos, maiores e profesionais do ensino que presenta tódolos ingredientes para pasalo ben coas andainas dunha tartaruga ben simpática. Conto en edición bilíngüe galego/xaponés e 6 cantigas populares en Xapón coas súas correspondentes partituras. O libro ven acompañado dun CD coas cantigas nas súas versións galega e xaponesa.
Lesen Sie mehr