Detalls del llibre
En Xogar coa pólvora, Narciso de Gabriel arma o libro arredor de tres homes ilustrados: Feijoo, Sarmiento e Vicente do Seixo, tres mulleres ilustres: Rosalía de Castro, Concepción Arenal e Emilia Pardo Bazán, dous eventos: os debates que sobre a educación feminina tiveron lugar no Ateneo da Coruña en 1859 e no Congreso Pedagóxico Hispano-Portugués-Americano celebrado en Madrid en 1892, e dous procesos históricos: o acceso das mulleres á escola e ao profesorado.A tese central condénsase no subtítulo: a necesidade de educar as mulleres xustificouse historicamente atendendo á súa función de nais educadoras. Unha educación que, así e todo, non estaba exenta de riscos, sobre os que algúns alertaban: a ilustración das mulleres podía desvialas do camiño que a sabia natureza lles marcaba. Non conviña xogar coa pólvora.
Llegir més - Enquadernació Butxaca
- Autor/s De Gabriel Fernández, Narciso
- ISBN13 9788411763363
- ISBN10 8411763366
- Pàgines 184
- Any Edició 2024
Ressenyes i valoracions
XOGAR COA POLVORA
A educación das mulleres e as mulleres como educadoras
Llegir més - De
- Narciso De Gabriel Fernández
- |
- Editorial Galaxia, S.A. (2024)
- 9788411763363



