Detalls del llibre
A novela comeza na Inglaterra de principios do século XX e conta a historia dun rapaz chamado Serge Carrefax cuxo pai ensina a falar nenos xordos e, como pasatempo, experimenta coa comunicación telegráfica. Serge medra a carón da súa intelixente e misteriosa irmá Sophie, entre as vibracións dos cables e as palabras pronunciadas a medias polos alumnos de seu pai. Despois dunha estadía nun balneario centroeuropeo, Serge intervén na Primeira Guerra Mundial como observador aéreo. Cando o seu aeroplano é derrubado, é feito prisioneiro polos alemáns ata que, coincidindo co remate da guerra, logra fuxir. De volta a Londres, recrútano para unha escura misión en Exipto, onde chega a descender ás profundidades das tumbas dos faraóns. O texto de C forma un código no que cada parte é un sinal, a peza dunha narración tan rica en correspondencias coma un mundo cuxa interpretación non ten fin. A novela de McCarthy é unha das revelacións da narrativa contemporánea escrita en inglés.
Llegir més - Autor/a Tom McCarthy
- ISBN13 9788498653830
- ISBN10 8498653835
- Pàgines 432
- Any Edició 2011
- Fecha de publicación 19/07/2011
- Idioma Gallec
- Alto 210 mm
- Ancho 135 mm
Ressenyes i valoracions
C (Gallec)
- De
- Tom McCarthy
- |
- Editorial Galaxia, S.A. (2011)
- 9788498653830



