Detalles del libro
Henrique Rabuñal ofrécenos unha viaxe intensa pola biografía intelectual do polígrafo tudense Xosé María Álvarez Blázquez (1915-1985), un amante da liberdade e da dignidade que fixo da palabra oral e escrita a súa fermosa arma de intervención. Xosé María foi mestre da República, libreiro, editor, escritor, profesor, articulista, arqueólogo, bibliófilo, conversador, conferencista, académico, galeguista, cronista de Vigo, ávido coleccionista, pai, voz da radio e erudito en moitos saberes.A presente obra retrata a súa etapa de formación en Tui e Pontevedra, os crueis desterro e exilio interior, os seus proxectos Monterrey e Castrelos asentado en Vigo, a súa obra de creación literaria e en definitiva a súa grandiosa presenza no século XX galego.Nesa medida trátase dunha homenaxe a quen ten un lugar entre as grandes personalidades das nosas letras e da posa patria.
Leer más - Encuadernación Bolsillo
- Autor/es Rabuñal, Henrique
- ISBN13 9788484871347
- ISBN10 8484871347
- Páginas 87
- Año de Edición 2008
- Idioma Gallego
Reseñas y valoraciones
Xosé María Álvarez Blázquez. (Gallego)
Na súa canle secreta
Leer más - De
- Henrique Rabuñal
- |
- LAIOVENTO (2008)
- 9788484871347
- Saga ENSAIO



