Detalles del libro
É Florencio Delgado Gurriarán un escritor que hai tempo que reclamaba a atención dos críticos. Desde este traballo, Xesús Alonso Montero achéganos á súa nobre obra literaria e á súa biografía na terra, na guerra e no exilio, moi condicionada por acontecementos adversos, onde, nese longo período, o poeta mantivo sempre ergueita a súa dignidade e o seu compromiso cos ideais que abrazara de mozo.Coa súa poética cantou a paisaxe e os froitos báquicos de Valdeorras, e desde a súa preocupación polo idioma tamén se debruzou sobre el para compoñer unha serie de sentidos poemas sociolingüísticos, insólitos no seu tempo, á vez que cultivou a sátira e os poemas elexíacos.Unha vez máis, vida e literatura van de mans dadas.
Leer más - Encuadernación Bolsillo
- Autor/es Alonso Montero, Xesús
- ISBN13 9788491517900
- ISBN10 8491517901
- Páginas 308
- Año de Edición 2022
- Idioma Gallego
Reseñas y valoraciones
POETA NA TERRA, NA GUERRA E NO EXILIO. ANTOLOXIA POETICA (Gallego)
- De
- Xesús Alonso Montero
- |
- Editorial Galaxia, S.A. (2022)
- 9788491517900



