Detalles del libro
O esquío vermello estaba triste. Sentía unha pena moi fonda porque a súa nai morrera, e pensaba que nunca máis sería feliz. Seu pai secáballe as bágoas con tenrura, intentando consolalo& x02026; A primeira vista, podería parecer que con esta proposta literaria e artística os lectores infantís sintan certo desasosego; pero ao igual que lle sucede ao pequeño esquío, os nenos e as nenas perciben dun xeito natural a experiencia da morte. E buscan respostas. A distancia que achega a fantasía resulta básica para axudalos a entender a perda dos seres queridos. Trátase dunha historia entrañable, chea de tenrura e delicadeza, que abre as puertas a un tema profundo e de tratamento necesario, dando suxestións abertas e tranquilizadoras sobre a continuidade da vida.
Leer más - Autor/es Ramon, Elisa
- ISBN13 9788484641834
- ISBN10 848464183X
- Páginas 40
- Año de Edición 2004
- Idioma Gallego
Reseñas y valoraciones
Non é fácil, pequeno esquío
- De
- ELISA RAMON
- |
- Kalandraka Editora (2004)
- 9788484641834



