Detalles del libro
Carlos Núñez Rodríguez figura na memoria de moita xente, e nalgúns libros de Historia, como un esforzado militante comunista, nomeadamente nos anos do franquismo serodio, que tivo gran relevancia nos acontecementos da folga xeral viguesa de setembro de 1972, cando a cidade estivo condicionada polas mobilizacións obreiras. Mais na biografía de Carlos Núñez hai moito máis: desde as torturas do franquismo, o exilio en París e Moscova e a fundación do PCG, ata as súas innovacións municipalistas en 1979 e o 23-F.Un percorrido biográfico da man de Perfecto Conde, quen, con habelencia, enfía unha conversa que non deixará indiferente a ninguén.
Leer más - Autor/es Conde, Perfecto
- ISBN13 9788411763684
- ISBN10 8411763684
- Páginas 300
- Año de Edición 2025
Reseñas y valoraciones
CARLOS NUÑEZ
- De
- Perfecto Conde
- |
- Editorial Galaxia, S.A. (2025)
- 9788411763684



