Close App de Bookish

App de BookishLee más y mejor

Descargar
Excelente
★★★★★
Trustpilot Trustpilot
Arrepíos e outros medos
Arrepíos e outros medos

Detalles del libro

?Arrepíos e outros medos? recolle cen historias de terror e fantasmas tiradas da tradición oral galega. Con este volume os autores, Xosé Miranda e Antonio Reigosa, inician un novo camiño na reelaboración da literatura oral: o das lendas de Galicia. A lenda é un relato oral breve (cando menos nun principio) que toca crenzas da sociedade en que se conta, na que a veces aflora a presenza de seres míticos, e narrado sempre coa intención de que sexa crido. A lenda leva, á par do argumento, algúns motivos que a fagan verosímil: un lugar concreto, próximo ou coñecido, e uns protagonistas relacionados co narrador ou co oínte, que serven de testemuñas de que o que se narra non é unha invención. A lenda, pois, aínda que poida repetirse nun e noutro sitio, está moi vencellada a un lugar. O presente volume, primeiro da colección LENDAS DE GALICIA de Edicións Xerais de Galicia, ten como fío condutor a presenza do medo, unha das emocións primixenias e máis fortes do ser humano. Lendas onde están presentes lobos, bruxas, demos e trasnos, homes do saco, ánimas fantasmas e outros terroríficos individuos que teñen por función advertir dos riscos que se poden correr en determinados lugares, sexan camiños perigosos, fragas e bosques ou evitar a posible mala influenza de determinadas persoas. Cen lendas galegas reelaboradas e reescritas, a partir de testemuños orais, que pretende que o lector de hoxe goce coa experiencia literaria do medo.
Leer más

  • Encuadernación Bolsillo
  • Autor/es San Antonio
  • ISBN13 9788497821940
  • ISBN10 8497821947
  • Páginas 168
  • Año de Edición 2004
  • Idioma Gallego
Leer más

Reseñas y valoraciones

¡Sé la primera persona en valorarlo!

¿Has leído Arrepíos e outros medos?

Arrepíos e outros medos

Arrepíos e outros medos (Gallego)

17,05€ 17,95€ -5%
Agotado temporalmente
17,05€ 17,95€ -5%
Agotado temporalmente
  • Visa
  • Mastercard
  • Klarna
  • Bizum
  • American Express
  • Paypal
  • Google Pay
  • Apple Pay
Devolución gratis Info
¡Gracias por comprar en librerías reales! ¡Gracias por comprar en librerías reales!

Promociones exclusivas, descuentos y novedades en nuestra newsletter

Habla con tu librera
¿Necesitas ayuda para encontrar un libro?
¿Quieres una recomendación personal?

Whatsapp