Detalles del libro
Este é un libro pouco ortodoxo, talvez como era a propia Begoña Caamaño, a quen se lle dedica o Día das Letras Galegas 2026. Éo, porque nestas páxinas aparece a voz de Morgana, que nos revela os anos da infancia da escritora que tanto influíron nela, período de formación onde o barrio do Calvario ocupa un lugar primordial a través da súa historia, das súas xentes e dos acontecementos máis importantes que deixaron pegada nas súas rúas.Un libro onde se mestura a memoria, a biografía, a historia e a ficción, que se brinda como unha oportunidade para reconstruír, e reivindicar, os primeiros anos de Begoña Caamaño. Se como Rilke afirmaba que na infancia está a patria das persoas, aquí desvélanse as claves da protagonista das Letras Galegas 2026, navegando por ese ronsel de talento e amor que deixou nas persoas que tratou.
Leer más - Encuadernación Bolsillo
- Autor/es Maria, Belén Nicolás Ramón,
- ISBN13 9788411765473
- ISBN10 8411765474
- Páginas 72
- Año de Edición 2026
Reseñas y valoraciones
A NENA QUE PERDEU UN ZAPATO NA LAMA
- De
- Belén Nicolás Ramón, Maria
- |
- Editorial Galaxia, S.A. (2026)
- 9788411765473



