Book Details
Mariña pregúntase cantos tipos distintos de familias pode haber. De feito, a familia de Mariña é diferente. Na familia de Mariña non hai mamá. Seu pai vaina acompañar nunha curiosa excursión polo edificio no que viven na procura de tipos de familias. A conclusión á que van chegar é que efectivamente hai unha chea de familias. En tempos de redefinición da estrutura familiar, coa aparición de novas formas de convivencia, novas formas de parella, novas maneira de ser pai ou nai, os lectores e as lectoras máis novas tamén necesitan entender que as fronteiras da familia son amplas e están abertas. Velaquí unha das funcións que vén a cumprir este álbum ilustrado no que unha historia atraente e actual se combina cunha estética desde o punto de vista do tratamento da imaxe que chama poderosamente a atención.
Read more - Author/s Neira Cruz, Xose Antonio
- ISBN13 9788498651041
- ISBN10 8498651042
- Pages 48
- Published 2009
Reviews and ratings
UNHA CHEA DE FAMILIAS
- By
- Xose Antonio Neira Cruz
- |
- Editorial Galaxia, S.A. (2009)
- 9788498651041



