Book Details
Despois do premiado ?Un dous tres, que ves??, esta nova proposta segue apostando pola dimensión lúdica do libro e da lectura, co tándem texto-ilustracións como fórmula para recoñecer palabras e imaxes a través da rima e do ritmo. Este libro presenta un esquema baseado na repetición e o xogo encadeado de personaxes extraños e desgarbados en diferentes situacións e actitudes. Nesta ocasión, a galería de figuras que se asoman a estas páxinas destaca polo seu aspecto aparentemente inquedante: vampiros, pantasmas, monstros e esqueletos súmanse a animais a primeira vista desagradables, perigosos ou asociados á mala sorte como arañas, carrachos, serpes, tiburóns, crocodilos, gatos negros ou morcegos. Con todo, proxectan unha ollada tenra, afectuosa e burleira que nos atrapa e fainos sorrir.
Read more - Binding Hard cover
- Author/s Budde, Nadia
- ISBN13 9788484643937
- ISBN10 848464393X
- Pages 20
- Published 2018
- Language Galician
Reviews and ratings
Un dous tres, vampiro ti es (Galician)
- By
- Nadia Budde
- |
- Kalandraka Editora (2018)
- 9788484643937
- Series Acartonados



