Book Details
Un novo libro-disco de Paco Nogueiras dedicado aos animais máis próximos e aos seus sons convertidos en divertidísimas cancións para cantar e bailar a calquera idade.
O bruar da vaca, o miañar do gato, o ladrar do can, o cacarexar da galiña, o zunir do mosquito... Ecos do mundo animal que inspiran os doce temas deste traballo co que viaxamos polo mundo a través de diferentes estilos musicais: dende un aire portugués aos ritmos do leste de Europa, dende unha balada acústica a un animado rock and roll, dende unha fanfarra circense até unha melodía de influencias andinas.
As coloridas ilustracións de Marc Taeger permiten imaxinar esa granxa divertida e as páxinas finais do libro achegarán a lectores e lectoras adiviñas, refráns e ditos da nosa tradición oral que falan dos protagonistas deste SON ANIMAL.
- Binding Hard cover
- Author/s Nogueiras, Paco
- ISBN13 9788413432052
- ISBN10 8413432057
- Pages 48
- Published 2024
Reviews and ratings
SON ANIMAL
- By
- Paco Nogueiras
- |
- Kalandraka Editora (2024)
- 9788413432052



