Book Details
A serie «Quen son? Crías de animais» presenta varias especies de mamíferos e de aves agrupadas por continentes para inspirar a curiosidade pola fauna e polo coidado da natureza dende as primeiras idades. Cada título inclúe sete crías: con textos sinxelos e descritivos, acompañados dunha suxestiva ilustración, cada unha preséntase cunha adiviña e establece un diálogo directo e activo coas lectoras e cos lectores; o enigma resólvese ao pasar a páxina,onde aparece coa súa familia no seu hábitat natural, ampliando a información sobre a contorna, os costumes e as características físicas dos adultos. Son textos cientificamente rigorosos que plasman a realidade da natureza de forma doada e comprensible, ademais de amosar a biodiversidade e as distintas formas de crianza. Realizadas con grafito e suavemente coloreadas, as imaxes son realistas e de gran detallismo, fieis aos canons da ilustracióncientífica, e destacan pola expresividade e pola tenrura dos protagonistas.
Read more - Binding Hard cover
- Author/s Seceda, Tándem
- ISBN13 9788416721863
- ISBN10 8416721866
- Pages 40
- Published 2021
- Language Galician
Reviews and ratings
QUEN SON CRIAS DE ANIMAIS AFRICA (Galician)
- By
- Tándem Seceda
- |
- Faktoría K de Libros (2021)
- 9788416721863
- Series CIENCIAS



