Close Bookish App

Bookish AppRead more and better

Download
Excellent
★★★★★
Trustpilot Trustpilot
POESIA REUNIDA DE X L MENDEZ FERRIN
POESIA REUNIDA DE X L MENDEZ FERRIN

Book Details

A figura e mais a obra de X. L. Méndez Ferrín son determinantes na historia da Galicia contemporánea. No caso da súa poesía achamos un río de longa e ás veces accidentada singradura, especialmente por causas políticas durante o período franquista, que aquí se detallan. Comeza con «Voce na néboa» (1957), que nos descobre de xeito embrionario os principais camiños do poeta, e prosegue con «Antoloxía popular» (1972), poesía cívica asinada por Heriberto Bens, poeta heterónimo do noso autor desde «Poesía enteira de Heriberto Bens» (1980). A publicación en 1976 de «Con pólvora e magnolias» é un antes e un despois na historia da literatura galega contemporánea pola apertura de horizontes que incorpora e ao seu ciclo poético cómpre engadir en «O fin dun canto» (1982). En 1994 «Estirpe» suporá un importante xiro estilístico e temático, mentres que «Contra Maquieiro» (2005) será un máis alá que pecha o conxunto. Polo medio aínda outras obras moi relacionadas coa expresión plástica «Homes e illas» (1986), «Morte de Amadís» (1989), «Erótica» (1991), «O outro» (2002) e «Albh» (2007). Neste volume inclúese tamén a súa poesía dispersa, que en parte fora xuntada polo autor en «Era na selva de Esm» (2004).Anxo Angueira, profesor da Universidade de Vigo, escritor e ensaísta, fixo a súa tese sobre «Bretaña, Esmeraldina» de Méndez Ferrín e a edición crítica da poesía de Rosalía de Castro. Esta edición da poesía do autor ourensán ofrece un longo estudo introdutorio, así como un detallado repertorio de notas de cada poema.
Read more

  • Binding Soft cover
  • ISBN13 9788411105798
  • ISBN10 8411105792
  • Pages 480
  • Published 2024
Read more

Reviews and ratings

Be the first to rate it!

Have you read POESIA REUNIDA DE X L MENDEZ FERRIN?

POESIA REUNIDA DE X L MENDEZ FERRIN

POESIA REUNIDA DE X L MENDEZ FERRIN

25,60€ 26,95€ -5%
Shipping Free
Immediate availability for shipping
25,60€ 26,95€ -5%
Shipping Free
Immediate availability for shipping
  • Visa
  • Mastercard
  • Klarna
  • Bizum
  • American Express
  • Paypal
  • Google Pay
  • Apple Pay
Recepción

Home delivery Free

info_shipping Immediate availability for shipping
Ubicación

Pickup at the bookstore Free

Free returns Info
Thank you for shopping at real bookstores! Thank you for shopping at real bookstores!

Exclusive promotions, discounts, and news in our newsletter

Talk to your bookseller
Do you need help finding a book?
Do you want a personal recommendation?

Whatsapp