Book Details
Este Pequeno Dicionario Xerais de Lingua, preparado polo equipo de autores do Dicionario Xerais da Lingua,recolle 18.000 entradas, adaptadas todas elas aos criterios ortográficos, morfolóxicos e léxicos da normativa da Real Academia Galega de 12 de xullo 2003. Concibido como un dicionario básico do galego estándar, incorpora en cada unha das entradas a caracterización gramatical, acepcións, exemplos aclaratorios de certos usos, frases feitas e locucións, sinónimos de uso máis frecuente e familias léxicas. Este dicionario, avalado polo profesorado dende hai vinte anos, inclúe nesta edición vinte e catro láminas de vocabulario: Galicia (comarcas e concellos); península ibérica; os continentes: Europa, África, América, Asia, Oceanía; o corpo humano; anfibios, rétiles, moluscos; artrópodos: insectos, crustáceos, e arácnidos; aves; mamíferos; peixes; árbores e arbustos; bricolaxe; instrumentos musicais; e a casa: o edificio, a casa unifamiliar, planta de vivenda.
Read more - Binding Hard cover
- Author/s Aguilera Pedrosa, Antonio
- ISBN13 9788497821698
- ISBN10 8497821696
- Pages 720
- Published 2006
- Language Galician
Reviews and ratings
Pequeno Dicionario Xerais da Lingua (Galician)
- By
- Antonio Aguilera Pedrosa
- |
- Edicións Xerais (2006)
- 9788497821698



