Book Details
Un libro informativo rigoroso e sorprendente para descubrir as curiosas e variadas formas de durmir que se dan na natureza. En ?O sono animal? poderás coñecer as insospeitadas formas de descanso de máis dunha trintena de animais, tan diversas como a mesma natureza. Un paxaro que apaga a metade do cerebro mentres voa, unha mosca que adormece sobre a súa flor favorita e un peixe que se recosta na súa cama de burbullas... Uns dormen escasos minutos, mentres que outros o fan durante longas tempadas. A algúns gústalles permanecer enterrados e, a outros, apiñados no alto dunha árbore para que os depredadores non os alcancen. Unha obra cuxo minucioso contido científico se complementa cunhas elocuentes e detalladas ilustracións a acuarela.
Read more - Binding Hard cover
- Author/s Lazzarino Binelli, Silvia
- ISBN13 9788419213419
- ISBN10 8419213411
- Pages 48
- Published 2023
Reviews and ratings
O SONO ANIMAL
- By
- Silvia Lazzarino Binelli
- |
- Faktoría K de Libros (2023)
- 9788419213419



