Book Details
Diego Antonio de Zernadas, coñecido como o cura de Fruíme, é unha das figuras máis senlleiras da literatura galega do Barroco. Ben como ilustrado, ben como literato, a súa maior importancia reside no feito de ser o máximo cultivador do galego durante os séculos escuros.Cando Galiza vivía un momento crítico que fendía as súas bases económico-sociais, no que era unha continuación da onda de descrédito á que estaba a ser sometida dende a instauración da dinastía dos Trastamara, o nome de Zernadas y Castro situouse como un dos intelectuais galegos máis preocupados por denunciar a situación.Nesta obra non só se dá conta do perfil da realidade galega do século XVIII, senón que ademais, por vez primeira e baixo unha detida análise filolóxica, preséntase o corpo completo da obra galega do cura de Fruíme.Francisco Fernández del Riego sinala no prólogo que ?o libro de Pardo de Neyra (...) é un libro ilustrativo, mesmo aleccionador. Porque explica as características dunha época, e analiza unha obra significativa. Enxertado nun tempo no que se ergue a voz dos ?Ilustrados? galegos, dá a verdadeira medida doutra voz que se valeu do idioma propio para defender os valores do país. A análise realizada nas súas páxinas polo autor, é unha análise comprida, evidentemente proveitosa para os que se interesen pola figura precursora nelas estudiada?
Read more - Binding Soft cover
- Author/s Fernández Pardo de Neyra, Xulio
- ISBN13 9788484870111
- ISBN10 8484870111
- Pages 375
- Published 2002
- Language Galician
Reviews and ratings
O labor lírico do ilustrado cura de Fruíme (Galician)
- By
- Xulio Fernández Pardo de Neyra
- |
- LAIOVENTO (2002)
- 9788484870111
- Series ENSAIO



