Book Details
Simpático e disparatado, este relato rimado comeza cunha anécdota inocente e insignificante: quen non tirou dun fío que lle sobresaía da chaqueta... Así o fai o neno protagonista desta historia, cuxa curiosidade por chegar ao extremo final da febra vólvese insaciable e ata extenuante. Porque paradoxicamente, canto máis intenta desintrincalo, máis se enreda o fío en si mesmo e tamén no escenario onde transcorre a acción, como se o filamento falcatrueiro formara parte dos trazos das ilustracións. O texto de Gracia Iglesias desprende humor e ironía. Co seu ritmo dinámico e creando unha tensión narrativa que vai in crescendo, atrapa a atención do público, expectante por coñecer o intrigante desenlace do conto.
Read more - Binding Hard cover
- Author/s Iglesias, Gracia
- ISBN13 9788484649908
- ISBN10 8484649903
- Pages 36
- Published 2016
- Language Galician
Reviews and ratings
O fío (Galician)
- By
- Gracia Iglesias
- |
- Kalandraka Editora (2016)
- 9788484649908
- Series DEMADEMORA



