Book Details
Abondan dez minutos para percorrer a illa. Fan falta millóns de invernos para esquecela. Helena chega a este territorio de sangue procurando encher coas voces das mulleres que a precederon o silencio, os segredos e as palabras que non se din. Coa voz de Coral, que ulía a mimosas e a xuventude e soñou con ser a primeira universitaria da familia. Coas voces de Lucía e María, que renegaron do pai e casaron, mais non foron quen de rachar as cadeas que as unían a el. Coa voz de Lucrecia que renunciou ao seu pelo cor lume por un marido que a abandonou á hora da cea.Mulleres todas elas, Helena, Coral, Lucía, María e Lucrecia, unidas para sempre pola fatalidade dunha illa, unha illa da que non podes saír sendo a mesma. PREMIO DE NARRATIVA BREVE REPSOL 2025
Read more - Binding Soft cover
- Author/s V. Valiña, Carmen
- ISBN13 9788411765268
- ISBN10 8411765261
- Pages 174
- Published 2025
Reviews and ratings
ILLA DE SANGUE
- By
- Carmen V. Valiña
- |
- Editorial Galaxia, S.A. (2025)
- 9788411765268



