Book Details
Ler unha obra de teatro sen considerar a súa condición detexto para a escena é como ler un guión cinematográficoprescindindo da orientación ao filme en que, no mellor doscasos, se realiza. De aí, o construírmos este ensaio desde aperspectiva da virtual escenificación de dúas pezas de CarvalhoCalero, en coherencia coas súas palabras ?Eu endexamaisescrevin teatro para ler?. Iso orienta o noso esforzo deanálise e interpretación d'A sombra de Orfeu e o Auto do prisioneiro,pondo de relevo as moitas posibilidades que ofrecen,a súa incardinación na historia da cultura e o non benrecoñecido oficio teatral do autor, até o punto de a primeiradas obras nunca ter coñecido as luces do palco. Conxúgansenese azar os problemas crónicos do teatro galego co doentíoescurecemento de Carvalho na Galiza. Porén, a proscricióndun autor constitúe a mellor garantía da súa potencia, indicaa necesidade que o poder opresivo ten de se defender contraa forza soberana a retornar desde a sombra. Non existemellor evidencia de que a tradición recreada por Carvalho,para se dar orixe, está viva. Por iso, o Día das Letras Galegasnon conseguirá reducilo a estatua inerte e confortábel, ninpoderá enterralo, para o silenciar de vez, no panteón doconsabido e pacificamente ignorado. A súa obra continuaráa nos inquietar e el, como o espectro da nosa razón común,permanecerá inesquecido, inesquecíbel
Read more - Binding Soft cover
- Author/s Castelao Mexuto, Manuel
- ISBN13 9788484874546
- ISBN10 8484874540
- Pages 284
- Published 2019
- Language Galician
Reviews and ratings
Elucidacións na sombra (Galician)
Carvlho Calero en escena
Read more - By
- Manuel Castelao Mexuto
- |
- LAIOVENTO (2019)
- 9788484874546
- Series ENSAIO



