Book Details
Lara é unha adolescente que saca boas notas e que nunca dá problemas, pero iso muda cando abandona Gondomar e sobe a un autobús sen lle dicir a ninguén a onde vai. Tras dela, un desengano amoroso, os silencios da súa familia e un León que, sen descanso, a persegue nos seus pesadelos.Sen saber moi ben como, remata en Ribadeo, unha vila unida estreitamente a aquel último verán que compartiu coa súa nai antes de que esta a abandonase.Dende alí, coa axuda do seu curmán e, ao mesmo tempo que a familia e a policía a buscan, irá debullando un pasado descoñecido e arrepiante para ela.A moza, coa praia das Catedrais de fondo, pronto empezará a comprender que as verdades a miúdo non o son tanto.
Read more - Binding Soft cover
- Author/s MENDEZ FERNANDEZ, ANA RAQUEL
- ISBN13 9788411761932
- ISBN10 8411761932
- Pages 142
- Published 2024
Reviews and ratings
CONTAS DE BUXO
- By
- ANA RAQUEL MENDEZ FERNANDEZ
- |
- Editorial Galaxia, S.A. (2024)
- 9788411761932



