Book Details
Este é un libro sobre as que nunca importaron. As tolas que non o eran, rachando as follas co único que non puideron quitarlles: a coraxe para berrar que a historia non sempre é como nola contan.As internas no manicomio de Conxo entre 1885 e 1936 tiñan todos os ingredientes que condenan a unha persoa á marxe: mulleres, aldeás, pobres, analfabetas, rebeldes. Pero as súas vidas gardan a potencia do fondamente humano: a subversión de Amalia fumando cigarros rubios no vapor Habana, a carta que María envía á súa filla despois dun Nadal no inferno, a mirada sen esperanza de Elena, a quen imaxinas amasando nas mans da neta e non na cesta de costura dun manicomio. En cada relato emerxe un escintileo que nos interpela: "Estou aquí e quero que me escoites". Todas elas regaláronnos a súa mirada a través das paredes do manicomio e as súas palabras para escoitar a voz das vencidas. Porque o que queda nas cunetas da historia merece ser contado.
Read more - Binding Soft cover
- Author/s V. Valiña, Carmen
- ISBN13 9788411764094
- ISBN10 8411764095
- Pages 142
- Published 2025
Reviews and ratings
AS TOLAS QUE NON O ERAN
Mulleres no manicomio de Conxo 1885-1936
Read more - By
- Carmen V. Valiña
- |
- Editorial Galaxia, S.A. (2025)
- 9788411764094



