Close Bookish App

Bookish AppRead more and better

Download
Excellent
★★★★★
Trustpilot Trustpilot
AGORA EU CARIOTA
AGORA EU CARIOTA

Book Details

O xogo de palabras que organiza o título de Agora, eu cariota, deconstrución do signo, reconstrución do eu integrado como especie biolóxica no corpo superior da Natureza, trascende o perímetro da función lúdica para ser pronunciado como significado central dun discurso poético que se constrúe a el mesmo ao xeito de moi suxestiva Semiótica da realidade natural, elaborada co instrumento dobre da Ciencia e a Poesía. Xosé Gago escrebe a paisaxe e, asemade, le o texto dun ?mundo en colapso?, tal como entende Susana Sanches Aríns o libro nun limiar de alto nivel expresivo, magnífica escrita en espello. O autor transparenta a continuación as liñas da súa vontade de acción transformadora a través do poema: ?Nun mundo cada vez máis precariota, a resposta está nos procesos comunitarios, pluricelulares. Facernos eucariotas para perdernos no colectivo?. O eu desprendido do título quebrado medra cara á dimensión da persoa plural para fundirse coa materia da Natureza e das tribus humanas en alegato de vibrante e ben temperada disidencia. Sen dimitir da fundamental pulsión épica, o poeta de Agora, eu cariota evita a pronuncia hipertrofiada do manifesto combativo tanto como a declaración esencial e inocente da comunicación pedagóxica. Este libro fundamenta a súa arquitectura nos alicerces da experiencia emocional, que se verbaliza a través dun discurso de singular estilo, fluído natural dunha voz que se interna con frecuencia en desvíos de imaxe inesperada, enigmática, polisémica, e que avanza en procura do ?cromosoma da nosa identidade profunda?Xosé Mª Álvarez Cáccamo
Read more

  • Binding Soft cover
  • Author/s GAGO PESQUEIRA, XOSE
  • ISBN13 9788484877516
  • ISBN10 8484877515
  • Pages 82
  • Published 2025
Read more

Reviews and ratings

Be the first to rate it!

Have you read AGORA EU CARIOTA?

AGORA EU CARIOTA
Novedad New

AGORA EU CARIOTA

14,19€ 14,94€ -5%
Immediate availability for shipping
14,19€ 14,94€ -5%
Immediate availability for shipping
  • Visa
  • Mastercard
  • Klarna
  • Bizum
  • American Express
  • Paypal
  • Google Pay
  • Apple Pay
Recepción

Home delivery Free  from 18 €

info_shipping Immediate availability for shipping
Ubicación

Pickup at the bookstore Free

Free returns Info
Thank you for shopping at real bookstores! Thank you for shopping at real bookstores!

Exclusive promotions, discounts, and news in our newsletter

Talk to your bookseller
Do you need help finding a book?
Do you want a personal recommendation?

Whatsapp