Book Details
É difícil apresentar A muller de Gilles ao lector sen recorrer aos tópicos que tanto abundan nas contracapas. Deberiamos dicir que, publicada no 1937 nunha poderosa editora, recebeu críticas moi favorábeis (merecidas neste caso, e non debidas á importancia da editora), mais a Guerra Mundial e a humildade da autora contribuíron para que fose durante moito tempo unha obra descoñecida mesmo no mundo francófono. Con todo, continuou a ser lida e desfrutada por un público cativo en número pero inmenso en entusiasmo, e o feminismo achou nela unha sensibilidade e unhas ideas moi próximas. Simone de Beauvoir cualificou a obra como ?un punxente retrato de muller?, e Thierry Haumont, cun tópico certo nesta ocasión, dixo que A muller de Gilles tiña esa virtude dos clásicos, a grande simplicidade que traduce aquilo que, ao analisármolo, ha de revelar unha complexidade moi grande; Michel Thorgall afirmou, entre outras cousas, que era unha tentativa de escrita sensual.Porén, nesta breve apresentación temos que rematar con outro tópico: o libro que hoxe ofrece Laiovento aos lectores e lectoras galegas é sobre todo unha invitación a pensar, cualidade esta que non todos os libros, e mesmo os catálogos, poden reclamar e defender para si.Tradución do francés de Alberte Allegue Leira.Ilustración da capa: Xurxo Alonso.
Read more - Binding Soft cover
- Author/s Bourdouxhe, Madeleine
- ISBN13 9788489896499
- ISBN10 8489896496
- Pages 105
- Published 1999
- Language Galician
Reviews and ratings
A muller de Gilles (Galician)
- By
- Madeleine Bourdouxhe
- |
- Edicións Laiovento, S.L. (1999)
- 9788489896499



