Close Bookish App

Bookish AppRead more and better

Download
Excellent
★★★★★
Trustpilot Trustpilot
Carmen V. Valiña Carmen V. Valiña

Carmen V. Valiña

Receive updates from Carmen V. Valiña

Follow  Seguir

Receive updates from Carmen V. Valiña

Follow  Seguir

AS TOLAS QUE NON O ERAN

Este é un libro sobre as que nunca importaron. As tolas que non o eran, rachando as follas co único que non puideron quitarlles: a coraxe para berrar que a historia non sempre é como nola contan.

As internas no manicomio de Conxo entre 1885 e 1936 tiñan todos os ingredientes que condenan a unha persoa á marxe: mulleres, aldeás, pobres, analfabetas, rebeldes. Pero as súas vidas gardan a potencia do fondamente humano: a subversión de Amalia fumando cigarros rubios no vapor Habana, a carta que María envía á súa filla despois dun Nadal no inferno, a mirada sen esperanza de Elena, a quen imaxinas amasando nas mans da neta e non na cesta de costura dun manicomio.

En cada relato emerxe un escintileo que nos interpela: "Estou aquí e quero que me escoites". Todas elas regaláronnos a súa mirada a través das paredes do manicomio e as súas palabras para escoitar a voz das vencidas. Porque o que queda nas cunetas da historia merece ser contado.

Read more
16.05 € 16.89 € -5%

All books by Carmen V. Valiña

Talk to your bookseller
Do you need help finding a book?
Do you want a personal recommendation?

Whatsapp