A noite na que Ronia, a filla do bandoleiro, veu ó mundo, houbo unha tronada tan forte sobre as montañas que o castelo de Mattis quedou dividido en dúas partes, separadas por un precipicio. A súa vida transcurre nunha delas, coa única compaña do clan que lidera o seu pai, até que un día os bandoleiros de Borka se mudan á outra parte do Castelo e coñece a Birk, o fillo do clan rival, co que descobre os segredos da natureza. Ronia buscará superar os conflitos entre os dous grupos para salvar a súa amizade.
Lesen Sie mehr