Xulia, unha moza arqueóloga de 35 anos, despois de estar sete anos sen comunicarse coa súa familia, recibe novas de que a súa avoa, enferma de Alzheimer, está ingresada sen esperanza de vida. Abandona a expedición na que traballa en Cabo Verde coa idea de volver pronto. Pero a mesma mañá que ela chega a súa casa de A Coruña a súa avoa morre.Sarah, filla dun diplomático británico e casada co cónsul adxunto da embaixada, decide converterse en espía do servizo de intelixencia. Adopta entón a identidade de Audrey, institutriz na casa do señor Arias, xefe dun estaleiro e propietario sen escrúpulos nun pobo da costa galega onde os nazis explotan unha mina de wolframio.Que fíos unen as vidas destas dúas mulleres, atrapadas en épocas distintas? Cando Xulia herda a casa da súa avoa Adela descubre que esta tiña un pasado oculto, que tratará de desentrañar para coñecer a misteriosa identidade de Audrey.Balas de papel, prometedora ópera prima de Marta Seoane Pazos, sitúanos na cambiante paisaxe da costa galega na Segunda Guerra Mundial e en pleno século XXI para atraparnos nos seus misterios familiares. Chea de intriga, esta novela histórica está atravesada polo amor e as lembranzas que agonían ás súas protagonistas, mulleres de carácter forte e decidido.
Lesen Sie mehr