Detalls del llibre
Vinde e veredesáé un proxecto evanxelizador, con metodoloxía e recursos apropiados para que a transmisión da fe sexa máis viva e significativa, por medio da inmersión na historia da alianza e da amizade que Deus nos ofrece e nos revelou desde a Palabra de Deus e a Tradición da Igrexa.Está inspirado na pedagoxía Montessori, centrada na importancia da narración e apoiada en dinámicas onde o visual e manipulativo teñen un gran protagonismo. O proxecto baséase nunha pedagoxía que favorece o desenvolvemento da espiritualidade da persoa, en especial do neno, a través da narración de historias da Biblia (Antigo Testamento e Novo Testamento) e da Igrexa (fe, liturxia e sacramentos, moral e oración). Preténdese ofrecer a mesma experiencia que inspirou eses relatos ou viviron os seus protagonistas.Neste segundo volume dispoñemos de narracións de historias bíblicas que continúan a Historia da salvacion, como xuíces, reis e profetas, xunto con historias fundamentais para o noso método, como o encontro de Xesús cos nenos, e tamén afondamos en elementosásenciais do catecismo, como o sacramento da confirmación e oá tempo litúrxico de Pascua.
Llegir més - Enquadernació Butxaca
- Autor/s Njr, Servei Grafic
- ISBN13 9788428840972
- ISBN10 8428840970
- Pàgines 232
- Any Edició 2023
Ressenyes i valoracions
VINDE E VEREDES VOL 2
- De
- Servei Grafic Njr
- |
- PPC EDITORIAL (2023)
- 9788428840972



