Detalls del llibre
O Piloto, o último guerrilleiro(morto en combate coa Garda Civil en Chantada no ano 1965)Xosé Luís Castro Veiga (O Corgo 1915-Chantada 1965), coñecido popularmente como Piloto, non se converteu en mito por ser o último guerrilleiro morto en combate en todo o estado. As súas fazañas, a súa lenda e a necesidade dos resistentes antifranquistas xa o elevaran a esa categoría en vida.Este libro non é so unha exhaustiva biografía que recolle toda a súa andaina e as súas obras, separando lenda de realidade, o certo da ficción, a construción popular das actuacións da personaxe.Tampouco é unha novela histórica na que se ficciona unha figura senlleira e a súa época.O Piloto, o último guerrilleiro é un libro de investigación novelada no que falan os documentos, pero tamén os protagonistas directos e indirectos con voz propia, situados cada un nos seus diversos tempos, na súa época e nassúas particulares circunstancias.Novidoso, preciso, revelador, entretido e apaixonante, é este un traballo imprescindíbel non só para saber o certo do máis famoso dos nosos guerrilleiros senón para comprender no seu contexto a guerrilla galega, a primeira enorganizarse en todo o estado e a última en desaparecer.Ao mesmo tempo, é unha obra polémica pois vai facer repensar e, aínda, reescribir as liñas esenciais do que foi a loita antifranquista na Galiza, así como a súa conexión co ônovo nacionalismoö.
Llegir més - Enquadernació Butxaca
- Autor/s Eiré López, Afonso
- ISBN13 9788418966323
- ISBN10 8418966327
- Pàgines 168
- Any Edició 2022
- Idioma Gallec
Ressenyes i valoracions
O Piloto. O último guerrilleiro (Gallec)
- De
- Afonso Eiré López
- |
- Hércules (2022)
- 9788418966323
- Saga ...



