Detalls del llibre
Xanecas tiña catro anos, e coma todos os nenos a esa idade, era moi curioso. O que máis lle gustaba no mundo era explorar, e case cada día facía un novo descubrimento. Seu pai refregáballe as orellas, os xeonllos, os cóbados? Para apurar máis, Xanecas fregábase tamén co xabón. De súpeto, afundíuselle o dedo nun burato da barriga. Que pasara?.Tan intrigado quedou que desde aquela sempre estaba a preguntar: E por que teño embigo?.A cousa é que Xanecas está nunha das etapas máis divertidas da infancia: a das preguntas. Por iso quere saber o porqué de todo, e interroga a papá, á irmá máis vella, ao avó... Aproveitando a inocencia do pequeno, cada quen irá inventando unha trola sobre o estraño buraco. Finalmente, a nai desvela a verdadeira razón da existencia do embigo, e, de paso, un dos grandes misterios da vida. As ilustracións de Francesca Chessatransmiten a espontaneidade e naturalidade dos xestos infantís. Son imaxes coloristas e desenfadadas, concibidas para que os cativos se identifiquen cos escenarios, os personaxes e o comportamento dos protagonistas. Este álbum constitúe un valioso recurso co que lles explicar dun xeito sinxelo e divertido o misterio do embigo.
Llegir més - Enquadernació Tapa dura
- Autor/s Aragües Peleato, Ramón
- ISBN13 9788498717020
- ISBN10 8498717027
- Pàgines 36
- Any Edició 2023
Ressenyes i valoracions
O EMBIGO DE XANECAS
- De
- Ramón Aragües Peleato
- |
- OQO Editora (2023)
- 9788498717020



