Detalls del llibre
O tempo transcorre vagaroso nun xogo de espellos, máscaras e realidades posibles. As nenas Cata e Luci fuxindo dun pai brután vagabundean sen rumbo polas calellas de Bogotá. Moi lonxe desa existencia terrible, as irmás Catuxa e Lucía deambulan tamén entre as ruínas dos seus fracasos persoais e profesionais e tentan recompoñer a súa relación fraternal. Todas elas, as nenas, as mulleres, asómanse ao precipicio do futuro sen moitas esperanzas, mais unha herdanza cunha obriga inesperada pode vir mudalo todo. Como illas remotas, Galicia e Colombia semellan afastadas, mais os designios do azar, ou non tanto, e os elos invisibles dunha cadea de afectos quizabes rematen por unir estes mundos tan distantes.
Llegir més - Enquadernació Butxaca
- Autor/s VIDAL PORTABALES, IGNACIO
- ISBN13 9788491519508
- ISBN10 8491519505
- Pàgines 216
- Any Edició 2022
- Idioma Gallec
Ressenyes i valoracions
ILLAS REMOTAS PREMIO GARCIA BARROS 2022 (Gallec)
- De
- IGNACIO VIDAL PORTABALES
- |
- Editorial Galaxia, S.A. (2022)
- 9788491519508



