Detalls del llibre
O Plan Boloña foi un ciclón que veu a axitar a vida do estudantado: da noite para a mañá víronse na obriga de elaborar Traballos Fin de Grao e Fin de Mestrado que desen conta das súas capacidades investigadoras. Mais non había instrumentos para axudar a triunfar nesta esixencia. Este libro pretende cubrir ese oco en lingua galega. As súas achegas son contidos claros nacidos ao abeiro dunha filosofía práctica, que permita aplicar o aprendido cubrindo todas as fases de investigación (desde a escolla do tema á defensa oral). A idea fundamental deste manual é que a escritura científica constitúe un código concreto que se pode aprender e para dominalo cómpre adestrar. Estas páxinas ofrecen a estudantes, persoas investigadoras e persoal titor claves prácticas para artellar calquera traballo científico con sensatez e posibilidades de éxito de xeito sinxelo e accesible.
Llegir més - Enquadernació Butxaca
- Autor/s NOVELLE LOPEZ, LAURA
- ISBN13 9788481589009
- ISBN10 8481589004
- Pàgines 78
- Any Edició 2021
- Idioma Gallec
Ressenyes i valoracions
ELABORACION DE TFG TFM E TESES (Gallec)
Claves para o éxito
Llegir més - De
- LAURA NOVELLE LOPEZ
- |
- UNIV. DE VIGO (2021)
- 9788481589009
- Saga MANUAIS. SERIE DE MANUAIS DIDACTICOS



