«Vale, a historia per se non é nada novo. Un tío pilla unha nena. A nena nonquere. Aínda así, o tío píllaa, porque pode. Igual tamén porque ten que facelopara ser un tío, ou? Todo o mundo o sabe. Fin. Pois iso, esta é a historia».Nos anos oitenta, nunha vila da Suíza alemá, unha rapaza é violada e,apremada polos pais, casa co violador. O delito queda tapado baixo un mantode silencio. Décadas máis tarde, a muller descobre que o seu amante foiunha testemuña pasiva da violación.As cousas polo nome publicouse por primeira vez en 2022. A novelaretrata a vida, non precisamente feliz, no ambiente denso dunha pequenalocalidade, con todos os matices e os dixomedíxomes que pesan sobre ossegredos varridos debaixo da alfombra. A vila é un biótopo onde imperaa xenofobia, onde todo xira «en círculo, sempre en círculo», e onde nadaperturba a orde patriarcal.As cousas polo nome tivo unha excelente acollida, até o punto de queestivo durante meses na listaxe dos mellores libros que elabora a radiotelevisiónpública suíza. A crítica loa sobre todo a capacidade da autora deconstruír e narrar historias entrelazadas que poderían lerse como relatosindependentes que iluminan desde diferentes perspectivas unha violaciónsilenciada durante décadas.
Llegir més