Com està la meva comanda?
VELLIÑAS
Antea e Filipa son dúas humildes velliñas que o comparten todo, aínda que a realidade é que apenas teñen nada: comen sopa de auga a diario e, os domingos, un fideo para as dúas, pero son felices porque se queren e gozan da vida en compañía.
Un suceso extraordinario faralles vivir unha grande aventura.
Charo Pita lémbranos que a idade é un agasallo: está chea de vida e de misterios. Unha cara esculpida polas engurras é coma unha árbore milenaria, o seu tronco groso agroma cada primavera do mesmo xeito que unha persoa anciá con cada amencer. Así son Antea e Filipa, aventureiras do día a día.
Velliñas é un relato conmovedor que nos ensina o valor dos afectos, o renacemento na vellez, a ilusión e superación das mulleres maiores que, con ánimo e alegría, son quen de vencer calquera contratempo.
A ilustradora, Fátima Alonso, desprega un discurso de marcado carácter narrativo, con imaxes repletas de detalles suxestivos que permiten gozar dunha lectura visual rica e fonda.
Un álbum ilustrado con gran sensibilidade, recomendado para todas as idades.
Tots els llibres de Maria Rrosario Pita Villares
Parla amb la teva llibretera
Necessites ajuda per trobar un llibre?
Vols una recomanació personal?
Quin bon gust que tens!
Has guardat aquest producte a la teva llista de Ho vull!
Veure la meva llista Ho vull!
L'app dels teus llibres
Bookish, l'app dels teus llibres. Descobreix una nova manera de llegir. Uneix-te a l'app de Bookish i descobreix una nova manera de llegir.
